O Alcalde visitou onte o CPI da Cañiza para recepcionar da man da Directora do Centro os mais de 1700 kilos de produtos que conseguiron os alumnos na IX Carreira Solidaria do Día da Paz, celebrada o 30 de xaneiro
- Unha contribución que segundo manifestou Luis Piña esta mañá, "destinarase integramente ao Almacén Solidario Municipal de Alimentos do Concello da Cañiza".
- O Alcalde felicitou e agradeceu esta iniciativa solidaria e comprometida, desenvolvida especialmente polo Departamento de Educación Física de Primaria, co apoio do resto do profesorado e da Dirección do Centro.
- Os alumnos de infantil e primaria, xunto cos seus profesores e familiares e o alumnado e profesorado do centro de ESO, participaron o pasado xoves 30 de xaneiro nesta carreira, nun día moi especial, dedicado a conmemorar nos centros educativos “unha cultura de Non Violencia e Paz”.
Na visita ao CPI para recibir os alimentos da man da Directora do Centro, Natalia Pernas, o Alcalde Luis Piña “agradeceu moi sinceiramente á Dirección, profesorado, alumnado e familiares por esta mostra de solidaridade, esforzo, traballo en equipo e sobre todo, respecto coas persoas máis vulnerables. Unha actitude que mostra o compromiso do Centro para educar en tolerancia, convivencia, concordia, non violencia e paz”.
“Dende o Concello aplaudimos este tipo de iniciativas que contribúen a implementar unha educación inspirada na cultura da non violencia e que permite aos alumnos adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforzan o seu desenvolvemento como cidadáns comprometidos cos seus dereitos e cos das outras persoas”.
“Grazas a todos por celebrar este 30 de xaneiro, Día da Paz, cunha actividade que tamén axuda á nosa Administración Local, porque contribúe a aumentar a capacidade final do Almacén Solidario Municipal de Alimentos, que atende na actualidade a 34 familias incluidas nos programas de acción social municipal".
O Alcalde rematou a visita cun agradecemento moi especial aos verdadeiros protagonistas desta carreira: o alumnado do CPI, dende os mais pequenos ata os alumnos e alumnas de ESO.
Grazas por participar voluntariamente nesta carreira que consistiu en dar cantas máis voltas mellor, nun circuito deseñado para que todo o alumnado poidera rematar a carreira sen problemas. Por cada volta conseguida, doaban un produto de alimentación, limpeza ou hixiene persoal.
Unha vez máis conseguimos entre todos fomentar a solidariedade e o traballo en equipo.