O Alcalde visita os lugares de Folgoso, Vilamide, Cigarreira, Ibia e As Poldras, na parroquia de Parada, nos que se desenvolveron importantes obras de asfaltado de camiños.
- O acondicionamento destas pistas formou parte do proxecto de “Mellora de camiños municipais nas parroquias de Petán, Achas, Parada, A Cañiza e Valeixe”, enmarcadas dentro das axudas da Liña 1 do anterior Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra e subvencionadas con 235.075,21€ .
- O Concello arranxou 14 tramos de pistas municipais en 5 parroquias nos que o firme estaba moi deteriorado polo paso do tempo, o tráfico e as raíces que invadían a calzada como foi o caso da Cigarreira. No lugar de Folgoso asfaltouse todo o Barrio.
Así o explicou esta mañá o Alcalde Luis Piña que visitou a parroquia de Parada acompañado dos Concelleiros de Goberno, Mª José Rodríguez, Eva Mª Rivas e Rubén Muíños. “O investimento da execución material destas obras de mellora ascendeu a 156.675,03€. Unha cantidade á que, como temos explicado nos últimos comunicados, engadíuse a cantidade correspondente ao 13% de gastos xerais (20.367,75€) , o 6% de beneficio industrial (9.400,50€) e a este total, sumouse o 21% de Ive, resultando un total de 225.596,37€, ademáis dos gastos de redacción do proxecto (5.687,30€) e os costes da dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde (3.791,54€).”
A cantidade final de 235.075,21€, foi rebaixada ata 210.165,58€ pola empresa CONSTRUCCIONES FECHI, que resultou adxudicataria do contrato.
Os costes dos asfaltados que hoxe visitou o Alcalde e que se centran na parroquia de Parada ascenderon a un total de 102.606,87€ impostos engadidos, cun investimento en execución material de 71.259,73 € aos que se suman outros 9.263.76€ do 13% dos gastos xerais, 4.275,58€ do 6% de beneficio industrial e un 21% de Ive que suma outros 17.807,80€, máis a parte proporcional da redacción do proxecto e da dirección de obra.
Un importe que supón case a metade do investimento de todas as actuacións deste Plan de Asfaltado.
Desta cantidade total o asfaltado integral do barrio de Folgoso tivo un coste de 19.908.20€, o camiño de Vilamide de 13.942,20€, o acceso á Cigarreira de 14.695,00€, a pista do Río Deva – A Ibia de 11.401,00€ e por último a reparación do firme do camiño de As Poldras ascendeu a 11.312,50€. A todos estes importes desagregados súmanse as cantidades de impostos.
O Alcalde visitou esta mañá o lugar de Folgoso, Vilamide, Cigarreira, Ibia e Poldras, que antes presentaban importantes deterioros, reivindicados en numerosas ocasións polos veciños e que grazas a este investimento conseguíronse reparar.
Na parroquia de Parada actuamos en máis de 7.249 M2 de pistas municipais
Nestas 5 actuacións da parroquia de Parada limparonse as marxes das cunetas, ensancháronse os viais en todo o que permitía os terreos e compactáronse os firmes con zahorra artificial, preparando as pistas para extender o aglomerado asfáltico. Ademáis colocáronse novos rexistros e recrecéronse as reixas de sumidoiro para paliar os efectos das choivas sobre os viais. Nas pistas do barrio de Folgoso recreceuse nalgún tramo o asfalto para actuar como desvío das augas das choivas. Na pista da Cigarreira tamén se actuou nas raices das árbores que afectaban o firme, eliminando as mesmas.
Nesta actuación tamén se asfaltaron os camiños da Ascensión, A Miranda, Tallós, As Barrancas e a Miñoteira na parroquia de Valeixe. En Petán actuouse na zona do Carballal e o acceso a Deva. Na parroquia de Achas nos camiños do Cerdeiredo e do Gabián e no casco urbano desenvolveuse unha actuación na Travesía da Feira.