A mes e medio do inicio do novo curso escolar para as etapas de infantil, primaria e secundaria, o Alcalde Luis Piña visitou os Centros de Ensinanza de Valeixe e da Cañiza para coñecer da man de Lucía Piñón, nova responsable do Centro de Valeixe e de Natalia Pernas, Directora do CPI da Cañiza, as novidades que afectan a esta nova tempada 2024-2025 e comprobar as obras de mantemento que o Concello desenvolveu durante este verán para preparar os centros de cara ao novo curso.
Nas visitas xiradas este martes pola mañá, o Alcalde estivo atento ás explicacións que dende ambas direccións foron expondo para mellorar as calidades de ambos centros.
Por outra banda e por si poidera ser de interese, neste curso escolar, segundo se recolle no DOGA Nº 80, Páx. 25291, do 23 de abril de 2024, os períodos vacacionais quedan establecidos en:
Días non lectivos para o curso 2024-25
- Día do Ensino: celebrarase o 31 de outubro.
- Día de Todos os Santos: 1 de novembro
- Día do traballador: 1 de maio, mércores
- Día das Letras Galegas: 17 de maio, venres
- Día das Pascuillas: 9 de xuño, luns
Vacacións escolares segundo o calendario 2024-25
- Natal: do luns 23 de decmebro ao martes 7 de xaneiro, ambos inclusive
- Carnaval coincidirá do luns 3 ao mércores 5 de marzo incluidos
- Semana Santa do luns 14 ao luns 21 de abril
A data de fin de curso para todos os cursos será o 20 de xuño de 2025.
Enlace ao DOGA :
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240423/AnuncioG0655-150424-0003_gl.html