O Alcalde visita os centros escolares de Valeixe e A Cañiza con motivo do inicio do curso escolar 2022-2023

 

Coincidindo co inicio das clases para as etapas de infantil, primaria e secundaria, Luis Piña achegouse aos centros de ensino do Municipio para supervisar os traballos de mantemento das instalacións executados polo Concello durante este verán e coñecer da man dos respectivos directores dos centros as novidades e dinámicas deste novo curso.

As clases que comezaron o pasado 8 de setembro, prolongaranse ata o 23 de xuño de 2023.

 

NESTA NOVA ETAPA OS PERÍODOS VACACIONAIS QUEDAN ESTABLECIDOS EN:

12 de outubro. Festivo Nacional do Día da Hispanidade.

31 de outubro: Día do Ensino, que será non lectivo a efectos académicos. O día seguinte, 1 de novembro, Día de Todos Os Santos, celebración tamén de carácter Nacional, tamén será festivo.

Días festivos  6 e 8 de decembro. Ponte da Constitución ( dia 6 ) e Día da Inmaculada (8 de decembro).

Celebración de Nadal ( Non lectivo desde o 23 de decembro de 2022 ata o 8 de xaneiro de 2023, comezando o curso o luns, día 9)  

Entroido. O alumnado non terá clases entre o 20 e o 22 de febreiro, ambos incluidos.

Semana Santa (dende 0 3 ao 10 de abril de 2023 ambos inclusive).

Tampouco serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal. No calendario escolar afecta ao 1 de maio de 2023 (día do Traballo) e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma que afecta ao 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Por último o Concello A Cañiza aprobou como festivo local o día das Pascuillas da Franqueira que se celebrará o 29 de maio de 2023 e que tampouco será lectivo.