O Alcalde visita as obras de rehabilitación dos vestiarios do pavillón deportivo «CARBALLO DO MARCO»

  • Unha obra subvencionada ao 100% polo Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra, cun investimento de 48.763,70€ nos que están incluidos os costes de execución da obra (46.054,60€) e de redacción do proxecto ( 2.709,10€).
  • Unha reforma adxudicada á empresa DESARROLLOS URBANISTICOS JARMA SLU por un  importe de 45.980,00 €.
  • Esta rehabilitación ven a completar as obras da I Fase de mellora dos vestiarios e aseos do pavillón, inauguradas o pasado 26 de outubro de 2021 pola Presidenta da Deputación Carmela Silva.
  • Coa execución desta II fase quedará rehabilitada ao 100% esta zona de servizos, cumpríndose así un dos compromisos adquiridos polo Alcalde que no marco desta visita manifestou que esta mellora permitirá ofrecer un servizo de calidade aos usuarios e dotar ao pavillón dunha apariencia actual e moderna”. “Ademáis a obra encaixa  na política do Goberno municipal de rehabilitación e mantemento dos bens municipais existentes, aplicando rigor orzamentario, ao non ter que aportar o Concello ningún recurso propio”.

 

Luis Piña visitou esta semana as obras desta II fase de reforma da instalación deportiva, acompañado polos técnicos da empresa que lle amosaron ao rexedor os avances na rehabilitación e tamén a necesidade de subsanar con urxencia esta zona da instalación que presentaba importantes deterioros estructurais e desperfectos acumulados durante 4 décadas.

A reforma inclúe a renovación das instalacións de electricidade e fontanería. Novos revestimentos nas paredes da zona de duchas e grifería. Pintado das paredes con pinturas resistentes á humidade e antimofo. Colocación de novo pavimento vinílico antiescorregadizo no chan dos vestiarios e do corredor de acceso. Sustitución do falso teito  de madeira por aluminio e  reparación das paredes dos corredores.

Para o Alcalde “O Concello tiña unha débeda con esta instalación deportiva, construida no ano 1983 e que actualmente é unha das máis utilizadas polos clubes da Cañiza, onde se desenvolven diariamente varias actividades e disputan importantes encontros e competicións deportivas”.