- A obra inicialmente estaba financiada pola Deputación Provincial con 689.048,95€ do plan de infraestruturas REACPON Reacciona Pontevedra e o Plan Concellos 2022-2023, pero posteriormente foi beneficiaria dunha subvención de 727.678,69€ do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do Goberno de España, a través do PIREP Linea 1 (Plan de Rehabilitación de Edificios de titularidade Pública) .
Esta mañá o Alcalde e un dos redactores do proxecto de rehabilitación enerxética da piscina climatizada, o arquitecto Carlos Mézquita Fernández, visitaron a obra de reforma que está prácticamente rematada e en espera de colocar os últimos detalles para a súa inminente apertura.
Dende que o pasado mes de abril se iniciaran as obras, os técnicos da empresa CIVIS GLOBAL S.L., mercantil adxudicataria da reforma, repasaron co Alcalde e o arquitecto as obras desenvolvidas.
- Actuacións sobre as 2 cubertas da piscina. A cuberta inclinada e a plana que suman un total de 1500 m2. Nunha das cubertas instalouse unha nova estrutura de chapa e volveron a colocarse os paneis térmicos que aínda que estaban instalados, non estaban conectados.
- Na cuberta inclinada, nun total aproximado de 900 m2, retirouse o panel de chapa e o de policarbonato e na cuberta plana de 800 m2, se retiraron todos os elementos existentes, a grava, o aislamento e as láminas impermeabilizantes deterioradas. Tamén se remataron as obras de colocación e impermeabilización das mesmas, incluindo a realización dunha proba de estanqueidade, enchendo a cuberta con auga para comprobar a súa efectividade.
Unha actuación que mellorará o sistema de climatización da piscina, actuando en toda a cuberta para acadar un maior aislamento térmico e reducción de consumos de enerxía.
- Se retirou a antiga caldeira de gasoil da sala técnica e se instalaron novas caldeiras de pelets e un novo silo.
- Tamén remataron as obras de peche do vaso pequeno da piscina que convertiu este espazo nunha sala polivalente de máis de 200 m2. Neste espazo se instalou nova ventilación, iluminación e se colocou pavimento deportivo.
- Finalizaron as obras de recrecido, impermeabilización e alicatado do vaso grande da piscina que reduciu a súa profundidade nun metro quedando a un nivel de 1,30. Ademáis xa están colocadas as escaleiras e chea.
- Sustituíronse todos os falsos teitos dos vestiarios, pasillos e da recepción, retirando o vinílico antigo por un novo de virutas de madeira, mellorando no so a estética da instalación senon tamén a parte acústica e técnica da envolvente. Tamén finalizaron os traballos de pintura e iluminación.
- A reforma da piscina tamén presenta como novidade unha nova zona ”WELLNESS”, de benestar, con capacidade para 10 persoas e na que xa está instalada a sauna, baño turco e spa.
- Nestes últimos días ademáis se revestiron as paredes desta zona con alicatado enrastrelado de madeira e se instalou iluminación LED.