O Alcalde visita o Peto de Ánimas de Vilariño, acompañado do Párroco Don Teodomiro e de veciños da parroquia de Parada

Unha xoia catalogada que rehabilitamos en 2023 cunha axuda da Deputación Provincial para “conservación e sinalización do Patrimonio dos Concellos”, cun investimento de 4.965.85€.

Estas obras de restauración consistiron principalmente na limpeza e tratamento da pedra do Peto de Ánimas e selado das xuntas, co obxectivo de manter as características e os materiais orixinais, alteradas polo paso do tempo e outras obras antigas.

Segundo comunicou esta mañá o Alcalde “conseguimos devolver a este elemento etnográfico do noso Patrimonio Relixioso, a imaxe de unidade do Ben, sustituindo o antigo morteiro de cemento por morteiro de cal hidraúlica de cor similar á pedra, para garantir a súa harmonía” .

“Este fermoso elemento arquitectónico precisaba dunha actuación de conservación urxente”, explicou Luis Piña que “consistiu principalmente na limpeza da pedra para eliminar os diferentes elementos de tipo biolóxico que presentaba e tratamento con biocida para previr a proliferación dos líguenes. Tamén se limparon outras suciedades e aplicouse un tratamento hidrofugante para garantir o bo estado do conxunto, duradeiro entre 5 a 10 anos.”

O rehabilitación foi adxudicada á empresa cañicense Construcciones Meiriño por un importe de 4608,60€, á que se suman outros 357,25€ de redacción do proxecto e dirección de obra.

Deste total, 2952,53€ corresponden á execución das obras, cantidade á que hai que engadir un 13% de gastos xerais (383,83€), un 6% de beneficio industrial  (177,15€) e un 21% de Ive (737,84€).

Elementos arquitectónicos do Peto de Ánimas de Vilariño

“O Peto de Ánimas de Vilariño é único no noso Concello, xa que non hai outro Ben destas características que teña unha morfoloxía similar”, apuntou nesta visita o Alcalde.

  • O Peto, cunhas dimensión de 2m X 1,40m, está situado dentro dunha pequena capela de paredes bastante fortes de cachotería coas xuntas refundidas.
  • Estas paredes funcionan como estribos para soportar os empuxes da cuberta, formada por unha bóveda recta de medio canón de pedra.
  • Dispón dunha única entrada flanqueada por dúas pilastras de granito formadas por un zócalo a modo de plinto de pedestal, un dado de granito e un remate mediante unha cornixa.
  • Sobre parte da cornixa descansa a bóveda de medio canón e sobre a outra parte disponse un pináculo co seu correspondente florón.
  • Accédese a través dunha reixa de aceiro cunha porta abatible no mesmo material e forma.
  • arco, que forma a bóveda sobre a porta de entrada, está rematado con unha arquivolta decorada na súa parte superior e sobre esta unha cruz de pedra.

 

Antes e despois das obras de conservación

O Alcalde visita o Peto de Ánimas de Vilariño, acompañado do Párroco Don Teodomiro e de veciños da parroquia de Parada

 

O Alcalde visita o Peto de Ánimas de Vilariño, acompañado do Párroco Don Teodomiro e de veciños da parroquia de Parada
O Alcalde visita o Peto de Ánimas de Vilariño, acompañado do Párroco Don Teodomiro e de veciños da parroquia de Parada

 

O Alcalde visita o Peto de Ánimas de Vilariño, acompañado do Párroco Don Teodomiro e de veciños da parroquia de Parada