
Celebrado o 22 de febreiro en San Vicente del Raspeig (Alicante).
- Unha competición organizada pola Federación Española de Taekwondo na que participaron máis de 700 deportistas de toda España, nas categorías de Poomsae, Parapoomsae e Freestyle e na que estaban en xogo os títulos nacionais e a selección do equipo que representará a España no vindeiro campionato de Europa.
- Unha importante proba na que o taekwondista cañicense acadou esta 3 ª posición que sumouse a outras 33 clasificacións conseguidas polos compañeiros da selección galega. Un medalleiro que conseguiu alzar á Selección Galega como Campiona de España por equipos de Poomsae e Freestyle.
Así o comunicou o Alcalde Luis Piña, tras recibir a Fidel Rodríguez na Casa Consistorial para darlle a noraboa por este novo éxito persoal. Medalla de bronce na categoría de POOMSAE, Trío 4 masculino. Un éxito que súmase aos títulos conseguidos polos seus alumnos nos campionatos de Técnica que se veñen celebrando todos os anos en Galicia e que súmase tamén aos éxitos que os deportistas cañicenses están acadando nas diferentes disciplinas impartidas na Cañiza. Un orgullo para todos.
Con estas palabras recibiu o Alcalde a Fidel Rodríguez, Cinturón Negro Tercer Dan, entrenador nacional de taekwondo e traballador do Concello da Cañiza, adscrito ao servizo de deportes como monitor deportivo dende hai dúas décadas, respaldado con 30 anos de dedicación a esta disciplina deportiva como entrenador, os primeiros anos como autónomo.
Fidel comentou no encontro co Alcalde que levaba 25 anos sen competir, adicándose exclusivamente á preparación e instrucción dos seus alumnos e comentou que tras esta experiencia “desexa prepararse todavía máis para enfrontar novos retos e acadar as clasificacións en solitario”.
“Ás veces é difícil saír da zona de confort, pero ao saír dámonos conta de que esa zona limítanos e nos fai ser pequenos. O medo e os retos deben ser superados na Vida, para que poidamos ser moito máis do que a nosa Mente nos indica, poñéndonos nos peores escenarios cando queremos saír do confort. Pero cando transitamos e saímos dese camiño, dámonos conta de que podemos facer moito máis e cando o conseguimos sentímonos totalmente realizados, coa autoestima moi alta, dándonos conta das ferramentas que temos como persoas para alcanzar calquera logro que nos poñamos por diante”. “Temos que buscar as ferramentas e o potencial que están dentro de nós, pero temos que buscar e o temos que creer”. “Se o CREEMOS, ao final o CREAMOS”.
Con estas palabras Fidel Rodríguez agradeceu o recibimiento do Alcalde Luis Piña, dándolle a primicia de que volverá a competir en futuros eventos “loitando tamén contra as creencias limitantes por razón de idade, que o único que fan é reducir o noso potencial e capacidade de realización persoal”.
O Alcalde felicitou ao entrenador non solo pola Medalla conseguida, senon pola actitude positiva frente aos retos que transmite nas súas clases aos alumnos e alumnas de taekwondo.
Noraboa e felicidades.



