O Alcalde presenta o Programa «CLARA»

O xoves, 13 de xuño, Luis Piña presentou este novo servizo integral municipal do Concello da Cañiza, dirixido a mulleres e nenas.

Un programa para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero promovido conxuntamente polos Concellos de Covelo e A Cañiza.

Atención xurídica e psicolóxica, itinerarios laboráis, benestar, saúde e sensibilización en igualdade son algúns dos aspectos que aborda este programa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo  e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Ás consultas serán todos os xoves ata o 30 de setembro. 

SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA E XURÍDICA:

  • Para as mulleres e persoas que dependan delas.
  • Gratuita, previa cita, individual, presencial ou online.
  • Lugar: 1ª planta do Edificio Multiusos na rúa Progreso, 21 da Cañiza.

 Servizo de Atención psicolóxica:

  • Realizada por Sonia Suárez Arias, psicóloga e biomédica.
  • Teléfono e whatsapp: 687 227 495
  • Situacións de estrés e ansiedade.
  • Desafogo emocional.
  • Autocoidado persoal.
  • Orientación con respecto a menores.

Servizo de atención xurídica:

  • Realizada por María Jesús Bóo Montes, mediadora e avogada especialista en dereiro con perspectiva de xénero.
  • Teléfono e whatsApp: 606 118 853
  • Temas penais, civís ou administrativos.
    • Familia.
    • Violencia de xénero.
    • Acoso.
    • Agresións.
    • Discapacidade.
    • Nacionalidade e estranxeiría.
  • Mediación para resolución de conflictos.