O Alcalde Luis Piña visitou esta mañá ao alumnado do proxecto «Dixigal» que rematará o 26 de marzo.

Unha formación gratuita en competencias dixitais que comezou o pasado 9 de decembro e no que participaron homes e mulleres interesados en familiarizarse coa informática e a comunicación.

O Proxecto está dirixido a veciños en situación laboral de desemprego, pertencentes prioritariamente a municipios de menos de 30.000 habitantes, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

Este curso de 200 horas de formación que comezou o pasado 9 de decembro e rematará o 26 de marzo, impartiuse de forma presencial de luns a venres e de 9h a 14h, na Aula CEMIT da Casa de Cultura.

O proxecto  «DIXIGAL» está composto de 3 niveis: básico, intermedio e avanzado, e nesta formación impartíronse os 5 módulos de 40h cada un do nivel básico. Unha formación recollida no marco europeo de competencias.

Nestes meses os alumnos familiarizáronse con tarefas como a busca e xestión da información dixital, a creación de contidos, comunicación e colaboración con ferramentas dixitais, resolución de problemas e seguridade e civismo no entorno dixital.

O Alcalde, unha vez máis, volveu a felicitar aos veciños e veciñas pola implicación e interese en continuar formándose e tamén ao cadro de profesores.