O Alcalde Luis Piña visita a II edición do curso de Almacén do Programa «Talento 45+»
O Alcalde visita o Edificio Multiusos da Cañiza para coñecer de primeira man o desenvolvemento da II edición do curso de Itinerario de Almacén, unha formación 100% gratuíta dirixida a persoas desempregadas de 45 a 60 anos da comarca da Paradanta.
Durante a visita Luis Piña conversou co alumnado e co equipo formador, destacando “a importancia de ofrecer programas que melloren a empregabilidade e faciliten a inserción laboral das persoas maiores de 45 anos, un colectivo que require apoio e oportunidades reais de formación”.
Esta II edición comezou o pasado 20 de outubro e impartirase ata este 28 de novembro, en horario de 9h a 14h no Edificio Multiusos. Esta organizado en colaboración con Ntfor Learning S.L. e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa e conta cun itinerario formativo de 120 horas estructurado en :
- Organización do almacén (30 h)
- Prevención de riscos laborais (60 h)
- Manexo de maquinaria e seguridade:
- Carretilla elevadora (teoría + prácticas nun circuíto real)
- Transpalet eléctrico
- Manipulador de alimentos (inclúe formación en alérxenos e APPCC)
Programa «Talento 45+»
Trátase dunha niciativa impulsada pola Cámara de Comercio e Ntfor Learning S.L., cofinanciada polo FSE+, destinada a apoiar ás persoas desempregadas de 45 a 60 anos afectadas polas consecuencias da COVID-19.
O programa inclúe:
- Diagnóstico laboral personalizado
- Formación en competencias dixitais
- Itinerario formativo específico
- Orientación individualizada para acceder a oportunidades reais de emprego
Esta visita reforza o compromiso do Concello coa formación, a cualificación profesional e o futuro laboral das persoas maiores de 45 anos.