O Alcalde Luis Piña reúnese coa Directora Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial da Xunta de Galicia, Margarita Ardao, para continuar avanzando no proxecto do novo PARQUE EMPRESARIAL DO VIEIRO

O pasado 1 de xullo o Alcalde, acompañado da Secretaria Xeral e do Técnico de Urbanismo do Concello, reuniuse en Santiago coa Directora Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial da Consellería de Economía e Industria, para tratar sobre o novo parque empresarial do Vieiro e presentarlle o estudo de sostenibilidade técnico- económica que avala este importante proxecto do Consorcio da Zona Franca de Vigo, impulsado polo Concello da Cañiza, que se desenvolverá a traves dun PIA (Plan de Industrialización Autonómica).

En palabras do Alcalde “trátase dun proxecto de ambito supramunicipal, que é de interese  non solo para o noso Municipio, senon tamén para todos os municipios da nosa área de influencia e incluso para Galicia, ao estar considerada A Cañiza como o «corazón do sur de Galicia» e a porta de entrada a Vigo, un dos maiores motores empresariais da Comunidade”. As excelentes comunicacións terrestres da Cañiza coa Autovía A52 case a pe deste novo Parque e a proximidade con Portugal, avalan e garanten a súa viabilidade.

Ao remate da reunión, o Alcalde manifestou a súa satisfacción pola dedicación, interese e boa predisposición da Directora Xeral neste proxecto que tamén lle foi presentado á Directora Xeral de Urbanismo da Xunta, Encarnación Díaz Rivas, o pasado 11 de xuño, nunha xuntanza na que se analizaron os pasos que deberá seguir o Concello para continuar ordenadamente cos procedementos administrativos requeridos para a construcción do parque empresarial.

Luis Piña agradeceu a atención recibida da Directora Xeral Margarita Ardao “polas consideracións e orientacións recibidas sobre o procedemento de cambio de clasificación do chan, actualmente calificado como rústico de protección forestal, que deberá cualificarse como chan urbanizable de uso industrial. Un procedemento que se iniciará diante da Administración Autonómica”.

O Alcalde informou que “despois das reunións desenvolvidas en Zona Franca e nas Direccións Xerais de Urbanismo e de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, o Concello xa conta coas directrices para iniciar a tramitación do Plan de Insdustrialización Autonómica, PIA, que terá que aprobarse inicialmente polo Concello e se remitirá á Xunta para a súa validación e aprobación".

O Alcalde Luis Piña reuniuse esta mañá coa Directora de Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Díaz Rivas, para tratar sobre o novo PARQUE EMPRESARIAL do VIEIRO