E elixe e destina 630.918,55 € das cantidades que lle corresponden ao Concello para a realización de obras, a través dos distintos programas comunitarios, para REFORMAR o CAMPO de FÚTBOL de AUGAS FÉRREAS.
“ÉSTA É A MAIOR INVERSIÓN REALIZADA NUN INMOBLE MUNICIPAL DA MIÑA ALCALDÍA, despois da reforma da Piscina Climatizada", afirmou esta maná o Alcalde.
Luis Piña recordou que o Concello conseguiu o pasado 23 de xuño unha subvención de 479.948,21€ ao abeiro do programa «PON2030» da Deputación Provincial para a reforma deste campo de fútbol. O «PON2030» é un programa provincial destinado a mellorar as infraestruturas municipais na que os Concellos deben elexir unha ÚNICA inversión: A Alcaldía decidiu que fora o Campo de Fútbol de Augas Férreas.
Ademáis o Plan «+Provincia 2024», antes coñecido como «Plan Concellos», tamén da Deputación, destina a cada Concello unha cantidade anual. Neste 2024 á Cañiza correspóndelle 448.506,66€ para a LIÑA 1 de investimento en obras. Desta cantidade o Concello destinará outros 150.970,34€ para a obra de reforma integral do Campo de fútbol de Augas Férreas. Este Programa abriu o prazo de presentación de solicitudes o 4 de xaneiro e remata o 4 de abril.
Como o «PON2030» financia solo o 80% do investimento total, para cubrir o 20% restante da execución da obra de reforma do campo de fútbol, máis os gastos do proxecto, a dirección de obra e a coordinación de seguridade e saúde, o pasado 19 de xaneiro, o Concello solicitou 150.970,34€ a través do plan +provincia 2024 . Concesión que a día de hoxe está pendente de aprobación por parte da Deputación.
“A suma destas dúas subvencións permitirá executar a reforma do campo de fútbol sen que o Concello teña que poñer un € de recursos propios”.
“No momento en que o Concello reciba a Resolución de concesión da axuda do Plan +Provincia, iniciarase a licitación da obra na plataforma de contratación do sector público. Un procedemento administrativo que levará un pouco de tempo”, avanzou o Alcalde.
Esta «reforma integral do Campo de Fútbol de Herba Artificial das Augas Férreas» permitirá “cambiar todo o céspede do terreo de xogo, o sistema de rego, a colocación de 4 torretas de iluminación, a colocación dunha caldeira de biomasa nos vestiarios, construir un novo acceso adaptado, sanear todo o pechamento perimetral da instalación e acometer outras melloras enerxéticas” .
“Unha actuación que reformará integralmente a instalación, na que entrenan e xogan os nenos e nenas e demáis integrantes do Clube de Fútbol Cañiza, en todas as súas categorías e que actualmente presenta grandes deficiencias derivadas do paso do tempo, entre elas o degaste das fibras do céspede”.
No comunicado desta mañá o Alcalde referiuse tamén ao “apoio que dende o Concello estamos prestando ao Club de Fútbol Cañiza que ten concedida a explotación da cantina do campo a cambio de manter limpos e acondicionados os aseos, vestiarios e zonas comúns desta instalación”.