O Alcalde Luis Piña ofreceu unha recepción a Érika Mariño Álvarez e Iria Fernández Giráldez, alumnas do IES da Cañiza, en recoñecemento á súa cualificación sobresaliente nas PAU 2025

O acto tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello, onde o Alcalde felicitou persoalmente a ambas estudantes en nome de todos os veciños e veciñas da Cañiza, destacando o seu esforzo, constancia e excelencia académica.

Érika e Iria foron distinguidas co premio aos Mellores Expedientes de Galicia (MEGAU 2025), un galardón outorgado conxuntamente polas universidades galegas ao alumnado cos mellores resultados nas Probas de Acceso á Universidade.

Érika Mariño Álvarez iniciará os seus estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, mentres que Iria Fernández Giráldez cursará Enxeñaría Espacial na Universidade de Vigo, concretamente na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, situada no campus de Ourense.

O acto rematou cunha foto de familia e co desexo do alcalde de que ambas acaden todas as súas metas e obxectivos académicos, sendo sempre conscientes de que a capacidade debe ir acompañada de afán de superación, traballo e disciplina.

Parabéns!

 

O Alcalde Luis Piña ofreceu unha recepción a Érika Mariño Álvarez e Iria Fernández Giráldez, alumnas do IES da Cañiza, en recoñecemento á súa cualificación sobresaliente nas PAU 2025