O Alcalde Luis Piña clausura o curso de Competencias Dixitais “DIXIGAL – Nivel Intermedio”

O curso de competencias dixitais – Nivel Intermedio, enmarcado no proxecto DIXIGAL, foi clausurado cun acto celebrado na Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza, no que se fixo entrega dos diplomas ao alumnado participante.

O acto estivo presidido polo Alcalde Luis Piña, quen destacou a importancia da formación dixital como ferramenta clave para a inclusión, a empregabilidade e o desenvolvemento persoal nunha sociedade cada vez máis dixitalizada.

Este curso desenvolveuse de forma presencial e totalmente gratuíta entre o 27 de marzo e o 10 de xullo de 2025, cun horario de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h, e enmarcado dentro do marco europeo de competencias dixitais.

O proxecto DIXIGAL, dirixido a persoas en situación de desemprego e pertencentes a municipios de menos de 30.000 habitantes, forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

O Nivel Intermedio constou de 200 horas de formación, repartidas en cinco módulos:

  1. Busca e xestión da información dixital
  2. Creación de contidos dixitais
  3. Comunicación e colaboración con ferramentas dixitais
  4. Resolución de problemas no entorno dixital
  5. Seguridade e civismo no entorno dixital

Durante a clausura, entregáronse os diplomas ás persoas que completaron con éxito o itinerario formativo, recoñecendo así o seu esforzo e compromiso ao longo destes meses.

Na clausura do curso o Alcalde felicitou a todo o alumnado participante e animou á cidadanía a seguir aproveitando as oportunidades de formación que ofrece o proxecto DIXIGAL, orientado á adquisición de habilidades dixitais para a vida persoal e profesional.