O Alcalde Luis Piña asiste ao acto de entrega á empresa «CANTERA MINERA DE ROCAS S.L.» do selo que garante as boas prácticas en materia de sostenibilidade

Un acto celebrado onte no Concello de Melón, no que a empresa recibiu por parte de SGS España, a doble certificación dos “Sistemas de Xestión de Minería Sostible e de Xestión ambiental segundo as normas UNE 22470 e UNE-EN ISO. No mesmo acto tamén recibiu a Norma ISO 140001.

A obtención desta distinción é unha importante noticia para os municipios da Cañiza e de Melón xa que a mercantil Cantera Minera de Rocas S.L., con domicilio social na Cañiza, cunha plantilla que supera os 40 traballadores e consolidada dende hai dúas décadas como unha forte empresa de extracción, corte e tratamento de pedra, forma parte do tecido industrial dos dous Concellos, repercutindo moi favorablemente nas economías locais. (gran parte dos seus traballadores son vecinos dos dous municipios).

É por esto que queremos transmitir a nosa noraboa e felicitación a todos os homes e mulleres que forman parte desta gran empresa.