O Alcalde Luís Piña asina un acordo marco de colaboración entre o Concello da Cañiza e a empresa GREEN CAPITAL DEVELOPMENT XXVI SL.

UN CONVENIO QUE CONTRIBUIRÁ AO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DO MUNICIPIO, NO ÁMBITO ECONÓMICO, SOCIAL, LABORAL E AMBIENTAL.

 

O Alcalde Luís Piña e o representante da empresa Green Capital Development XXVI S.L., Ricardo Fernández, veñen de asinar no día de hoxe, 3 de Abril, un acordo marco de colaboración entre as entidades.

O obxectivo é compensar os impactos causados polo desenvolvemento dos seus proxectos eólicos e fotovoltaicos.

Neste acordo a empresa Green Capital comprométese a destinar o 2,5 % da recadación do Parque Eólico “Alto do Ceo” do grado de afectación que lle corresponde ao Concello da Cañiza para actuacións que repercutan no termo municipal. De concretarse finalmente o proxecto deste parque eólico na configuración que está programada actualmente, ao Concello da Cañiza corresponderíalle a metade do 75% do 2,5% da facturación do parque eólico, e un tercio do 25 % da facturación pola liña de evacuación.

Isto traduciríase nunha estimación conservadora (prezo de 65 €/MW) de 21.977,33 € ao ano.

O convenio firmado terá unha vixencia de 4 anos. A partires dese momento será renovable anualmente.

A duración deste acordo marco será de 10 anos a partires da posta en marcha do parque e será renovable automáticamente cada ano, durante a vida útil do parque Alto do Ceo

As aportacións que realice a empresa ao Concello, no caso de concretarse a execución do parque eólico, terán que ser aprobadas para inversións recollidas dentro dos tipos de ámbitos de colaboración.

Crearase unha comisión de supervisión integrada por membros da empresa e do Concello.

Este Acordo marcará un referente á hora de tratar as futuras iniciativas eólicas.