O Alcalde Luis Piña acompañou esta mañá ao Delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López, na visita á Cañiza para supervisar a nova máquina varredora do servizo de limpeza

  • Unha adquisición subvencionada ao 100% co importe do Fondo de Compensación Ambiental 2022 da Xunta de Galicia que lle corresponde ao Concello da Cañiza.
  • Un total de 79.600,43€ para o investimento no proxecto presentado polo Concello baixo a denominación “Adquisición de máquina de varrer profesional para actuacións de protección do medio ambiente e do espazo natural”.
  • A nova varredora que xa leva tres meses en funcionamento, foi adxudicada o pasado 7 de outubro á empresa BAYGAR S.L. por un importe final de  77.294,80€.

 

Esta mañá o Alcalde acompañou ao Delegado da Xunta en Pontevedra na visita que realizou ao noso Concello para supervisar a nova máquina varredora do servizo de limpeza municipal, activa dende o pasado 26 de outubro.

Unha máquina profesional de 600l, tipo vehículo con motor a gasoil, cunha potencia mínima de 35 CV, compacta (1,09m de ancho por 3,90m de largo)  e articulada que está permitindo optimizar o servizo de limpeza viaria, sobre todo en beirarrúas estreitas, grazas á súa operatividade.

Na visita de hoxe, Alcalde e Delegado puideron comprobar a eficacia desta máquina que conta ademáis cun ángulo de xiro de 139 cm e pode traballar nun ancho de barrido de 2m. Dispón tamén de transmisión hidrostática a través de 4 motores independentes en cada roda, tracción permanente e unha velocidade de transporte e de barrido de 25Km/hora.

Ademáis cumple coa normativa de emisións 2016/1628/CE.