O Alcalde inaugura a mostra artística «IN MEMORIAM» do cañicense Emilio Rodríguez Pérez «Da Alejandrina», acompañado dos seus fillos Julio e Emilio.
Unha pequena exposición con 4 pezas artísticas, senlleiras e irrepetibles que falan de culturas alén dos mares da man dun dos nosos artistas máis creativos. Emilio Rodríguez Pérez (1924- 1995), funcionario de telecomunicacións, telégrafos e posteriormente de correos, apodado “Emilio da Alejandrina” na honra da súa aboa paterna, quen rexentaba unha fonda e bar na Rúa do Carme nos primeiros anos do século pasado.
A mostra acolle unha parella de tótems, que o artista calificou como «Ídolos» e que gardan reminiscencias de símbolos tribais aztecas, mallas ou mesmo incas, mexicanos, pero que Emilio calificaba como “arte imaxinario”.
Ademáis nesta pequeña exposición podemos admirar dúas grandes pinturas.
Unha, exposta dende hai máis de 3 décadas na antesala do Salón de Plenos do Concello, coñecida como «Larí, Laré». Un cadro que Emilio “da Alejandrina”, pintou tomando como modelo unha fotografía prestada polo entonces propietario da imprenta Bacelar, Luis Bacelar. O cadro representa a figura dun “pordioseiro” da veciña Batalláns, nas Neves, que alá polos primeiros anos do século XX visitaba a miudo A Cañiza. Os herdeiros do pintor comentaron que a foto podía terse sacado no lugar de Aráns, na parroquia de Oroso.
Para rematar, nesta pequena pero intensa exposición de arte, pódese admirar outro cadro innominado pintado no ano 1973 baixo o titulo das «Pedras», pintado ao oleo con incrustacións de pequenas pedras, cristais e dentes de xarabis.
Dende o Concello queremos agradecer a amabilidade da familia por ternos cedido esta exposición que poderase visitar ata o 7 de xaneiro no 2º andar da Casa Consistorial, na Rúa Oriente nº 11, en horario de 8.00h a 15.00h.
Galería multimedia