O Alcalde felicita a Fidel Rodríguez polo 3º posto en trío e 5º en individual acadados no Campionato de España de Taekwondo celebrado en Sevilla

Luis Piña trasladou publicamente a súa felicitación a Fidel Rodríguez Pérez, adestrador e coordinador do Ximnasio Municipal, polos excelentes resultados acadados no Campionato de España de Taekwondo, celebrado o pasado 21 de febreiro en Sevilla, onde conseguiu un destacado 3º posto na categoría Master 3 trío formando parte do equipo da Federación Galega de Taekwondo (medalla de bronce), e a 5ª posición en Master 3 individual.

O campionato, organizado pola Real Federación Española de Taekwondo, tivo lugar no Pabellón San Pablo, converténdose nunha das grandes citas anuais, reunindo aos mellores deportistas clasificados de toda España nas disciplinas de poomsae (técnica), freestyle e poomsae adaptado, sendo unha proba de máximo nivel dentro do panorama estatal.

Fidel acudía a esta cita tras proclamarse campión galego na modalidade master-3 menos 65 técnica individual no Campionato Galego de Técnica de Adultos 2026, resultado que lle outorgou a clasificación para participar no campionato estatal. En Sevilla volveu demostrar o seu alto nivel competitivo, logrando subir ao podio na modalidade por tríos e quedando en 5ª posición na proba individual, ambas nas categorías Master 3.

Con máis de 30 anos de dedicación ao taekwondo, cinturón negro 3º Dan, adestrador nacional e monitor deportivo municipal desde hai dúas décadas, Fidel Rodríguez compaxina o labor formativo cos logros competitivos, sendo un referente do deporte local.

O Alcalde destacou que “estes resultados a nivel estatal son motivo de orgullo para todo o municipio e poñen en valor o traballo constante e a disciplina que Fidel transmite día a día”.

Pola súa banda, Fidel sinalou que “todo esforzo é pouco, cando consigues a recompensa”. Continuará traballando sen parar ata conseguir máis medallas para Galicia e para A Cañiza, pero disfrutando do presente e de cada día, crecendo como competidor e crecendo como persoa.

Sempre crecendo”, son palabras do deportista.

 

O Alcalde felicita a Fidel Rodríguez polo 3º posto en trío e 5º en individual acadados no Campionato de España de Taekwondo celebrado en Sevilla  Luis Piña trasladou publicamente a súa felicitación a Fidel Rodríguez Pérez, adestrador e coordinador do Ximnasio Municipal, polos excelentes resultados acadados no Campionato de España de Taekwondo, celebrado o pasado 21 de febreiro en Sevilla, onde conseguiu un destacado 3º posto na categoría Master 3 trío formando parte do equipo da Federación Galega de Taekwon