O Alcalde felicita en nome de todos os cañicenses e no seu propio ao CLUB BALONMÁN CAÑIZA
POR CONSEGUIR O PREMIO IBERDROLA SUPERA 2023 NA CATEGORÍA “SUPERA COMPETICIÓN”
Un premio que recoñece as mellores iniciativas postas en marcha en España a favor da igualdade de xénero na práctica deportiva, nunha Gala que celebrou a súa IV edición este mércores e na que se premiaron a 6 proxectos de entre 900 candidaturas recibidas.
Estamos moi orgullosos do noso Club, do galardón conseguido co seu proxecto “La fuerza del deporte femenino en el rural “ e do seu traballo en conxunto.
Unha honra para todos os cañicenses que non podemos deixar de aplaudir e eloxiar.
Grazas a toda a FAMILIA DO BALONMÁN CAÑIZA pola implicación, esforzo e traballo ilusionante que amosades día a día no desenvolvemento desta disciplina que vai máis alá da práctica deportiva.
Un traballo de altura que merece ser recoñecido e premiado.
NORABOA E GRAZAS por ter conseguido este galardón cun proxecto gañador.