O Alcalde felicita e agradece a colaboración do Club «Grupeta Pan de Zarko - A Cañiza» no acto celebrado para despedir a tempada 2023
Luis Piña asistiu como convidado, en calidade de Alcalde e en representación do Concello, á xuntanza celebrada polos integrantes do club (directiva, deportistas, familia e patrocinadores) que se reuniron este sábado para celebrar o fin da tempada e os éxitos acadados durante este 2023.
Da man dos directivos recibiu un cariñoso agasallo de “gratitude ao Concello polo apoio prestado durante o camiño ao éxito”, texto que reza na lenda inscrita na placa.
O Alcalde agradeceu a toda esta grande familia pola colaboración e apoio incondicional que durante todo o ano prestaron ao Concello no desenvolvemento dos eventos deportivos municipais. Unha colaboración que foi bilateral e felicitou ao Club e aos seus deportistas por todos os éxitos acadados durante este ano.
Grazas e felicidades.