O Alcalde felicita ao ciclista Santos Lemos, integrante do Clube Cañicense «Grupeta Pan de Zarko» tras proclamarse vencedor da Copa de España BTT Enduro 2022

Luis Piña recibe no Concello a Tito Ramirez, Presidente do clube ciclista «Grupeta Pan de Zarco» e a Santos Lemos, corredor e membro do Clube, que este ano se fixo con título de campeón da Copa de España BTT Enduro na súa categoría.

O Alcalde felicitou a todo o Clube, á Directiva, corredores, equipos,  socios e especialmente a Santos Lemos por ter contribuido cos seus éxitos a engrandecer á «Grupeta». Luis Piña tamén agradeceu aos comerciantes e empresarios locais que cada ano colaboran patrocinando as probas deportivas organizadas polo Concello.

 

Entre todos facemos máis grande o deporte!!!.