O Alcalde entrega os primeiros premios aos gañadores do concurso de apoio á hostalería local

Iniciado o pasado 27 de outubro, no marco da inauguración da VI tempada dos cocidos cañicenses.

O Concello sorteou o pasado 14 de novembro os 30 premios asociados á campaña de promoción dos cocidos cañicenses que se desenvolveu dende o 27 de outubro ata o día 2 de novembro.

Unha campaña que consistíu no regalo dunha rifa a todos aqueles comensais que durante dita semana, consumiran unha ración de cocido cañicense nos locais adheridos:  Os do Resero, Eido do Monte, Arela, Hammond, Chiringuito da Avoa, Xamonería Xatomé, Área de Servizo, Bar Piri Piri, Casa Eligio e O Noso Bar.

Esta mañá entregáronse os primeiros premios dun total de 30 noites de hotel para dúas persoas a desfrutar nun dos establecementos da Cañiza participantes nesta iniciativa: Finca Briabí e  Casa Rural Vieiro.

Na páxina web do Concello, www.caniza.org e nas redes sociais pódense consultar os números premiados.

Dende o Concello lémbrase aos portadores dos números agraciados que non puideron asistir ao acto conxunto de entrega das acreditacións, que  teñen 1 mes para recoller nas oficinas municipais do Concello ( rúa Oriente, nº 11 – 1º andar da Cañiza) o vale correspondente para 1 noite de hotel para dúas persoas, debendo presentar o vale ou factura.

Recordar tamén que o período de validez dos vales está comprendido entre entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de marzo de 2026, agás durante o período da campaña de Nadal.

Parabéns a todos os premiados!.

 

A «VI Tempada do Cocido Cañicense» pecha cun sorteo de 30 noites de hotel