o Alcalde entrega os Premios «Violeta» de Igualdade aos gañadores dos concursos de carteis e slogans

Un concurso organizado polo Servizo de Igualdade do Concello, enmarcado dentro das actividades para a promoción da Igualdade e a Prevención da Violencia e Xénero dirixidas á mocidade e a poboación infantil.

 

 O ALCALDE ENTREGA OS PREMIOS AOS GAÑADORES DO CONCURSO DE SLOGANS E CARTEIS DO PROXECTO MUNICIPAL DE IGUALDADE «VIOLETA», NO QUE PARTICIPARON OS ALUMN@S DOS CENTROS ESCOLARES DA CAÑIZA

 Este luns o Alcalde Luis Piña entregou no Salón de Plenos do Concello os premios  aos 6 gañadores do Concurso de Slogans e Carteis do Proxecto Violeta.

Tres primeiros premios para cada categoría dotados cun vale de 100 €, 50€ e 30€ que os gañadores poderán canxear por material didáctico e libros en calquera das librerías da Cañiza.

 

Gañadoras do concurso de debuxo «Debuxa para Violeta»

1º Premio: Izar Ribeiro Rodríguez

2º Premio: Candela Pazos Pérez

3º Premio: Laura Crespo Vidal

 

Gañadoras do concurso de slogans «Cóntallo a Violeta»

1º Premio: Fátima Rodríguez Alvarez. Slogan gañador «Se me da a gana de ir sachar patacas en minisaia vou e punto»

2º Premio: Sheila Martínez Tato. Slogan gañador «O meu corpo non quere a túa opinión»

3º Premio: Paula Pereira Loeda. Slogan gañador « Pódesme romper a man, pero non a voz»

 

 No ámbito da prevención e da formación, o Concello está desenvolvendo  nos centros educativos da Cañiza diferentes obradoiros durante o curso académico centrados na abordaxe dos estereotipos de xénero, das relación baseadas no bo trato e na prevención da violencia de xénero a través das redes sociais.

 Estas actividades están dirixidas principalmente á mocidade e aos máis pequenos.

O proxecto acóllese ás subvencións que a Deputación de Pontevedra  convoca para as entidades locais de menos de 20.000 habitantes.