O Alcalde entrega os premios de poesía e relato dos certames literarios “LETRAS GALEGAS 2024”

Dentro dos actos previstos polo Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Alcalde Luis Piña, acompañado do Concelleiro de Cultura Rubén Muiños, fixo entrega este 17 de maio dos diplomas e premios aos catro concursantes gañadores do XXV Concurso de Poesía e do XXIII Concurso de Relatos, convocados polo Concello da Cañiza.

A entrega de premios celebrouse no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

Premiados de cada modalidade:

XXV Concurso de poesía.

1ª Categoría (6 a 12 anos). Premiado con 120€ e diploma: Diana LOMBA ÁLVAREZ, co poema "O MAR AZUL".

2ª Categoría (13 a 17 anos). Premiado con 120€ e diploma:  Iria FERNÁNDEZ GIRÁLDEZ, co poema "NO MAR"

 XXIII Concurso de relatos.

1ª Categoría (6 a 12 anos). Premiado con 120€ e diploma: Hugo REY CRESPO, co relato "O LIBRO MÁXICO"

2ª Categoría (13 a 17 anos). Premiado con 120€ e diploma: Álvaro MACHADO PUGA co relato "UNHA VIDA QUE NON AFUNDA"

 

O xurado, integrado por un equipo de profesores de galego dos Centros Educativos da Cañiza, valorou os traballos en base aos criterios de creatividade e orixinalidade da obra e a súa forza expresiva.

Unha vez rematada a entrega de premios, o Alcalde quixo felicitar a todos os concursantes  pola súa implicación e  por ter contribuido a elevar cada ano o nivel literario destes certames.

Luis Piña salientou tamén a orixinalidade e emotividade de todos os traballos e emprazou aos participantes a volver a presentarse aos concursos de 2025.

 

O Alcalde entrega os premios de poesía e relato dos certames literarios “LETRAS GALEGAS 2024”