
Dentro dos actos previstos polo Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Alcalde Luis Piña, acompañado do Concelleiro de Cultura Rubén Muiños e da Teniente de Alcalde Paula Bacelar, fixo entrega este 17 de maio dos diplomas e tablets aos catro concursantes gañadores do XXIII Concurso de Poesía e do XXI Concurso de Relatos ou Narraccións Breves, convocados polo Concello da Cañiza.
A entrega de premios celebrouse no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
Premiados de cada modalidade:
XXIII Concurso de poesía.
1ª Categoría: De 6 aos 12 anos (incluídos): ARIADNE RODRÍGUEZ MIGUÉLEZ (11 anos) co poema "A Guerra rematou"
2ª Categoría. De 13 a 17 anos (incluídos): ANTÍA BELÉN GONZÁLEZ RODRÍGUEZ ( 17 anos) co poema "Morriña"
XXI Concurso de relatos.
1ª Categoría: De 6 a 12 anos (incluídos): MANUEL PEREIRA IGLESIAS ( 7 anos) co relato "O Peixiño dourado"
2ª Categoría: De 13 a 17 anos (incluídos): CLAUDIA MACHADO PUGA ( 17 anos ) co relato "Vocación "
O xurado, presidido polo Concelleiro de Cultura e integrado por un equipo de profesores de galego dos Centros Educativos da Cañiza, valorou os traballos en base aos criterios de creatividade e orixinalidade da obra e a súa forza expresiva.
Unha vez rematada a entrega de premios, o Alcalde quixo felicitar a todos os concursantes pola súa implicación e por ter contribuido a elevar cada ano o nivel literario destes certames. Luis Piña salientou tamén a orixinalidade de todos os traballos e emprazou aos participantes a volver a presentarse ás edicións do ano que ven.
Galería multimedia




