O Alcalde entrega os diplomas do curso de «DESEÑO E IMPRESIÓN EN 3D», rematado este 18 de xuño.

Unha formación gratuita, incluida nas actividades que organiza o Concello dentro da súa programación anual da Aula CEMIT e na que puideron participar todas as personas que o solicitaron xa que non se requerían coñecementos previos.

O Alcalde entregou os certificados aos alumn@s deste curso impartido os martes e xoves dende o pasado 14 de maio, en horario de 16h a 20h, no aula informática da Casa de Cultura.

Luis Piña felicitou ao alumnado e ao profesorado por esta nova formación e anunciou que "dende o Concello continuaremos traballando na impartición destas materias de cara a seguir acadando novas habilidades informáticas".

O contido da formación estructurouse en 5 módulos, empezando pola introducción á impresión 3D, partes da impresora e mantemento e revisión da mesma.

Tamén se coñeceron os distintos programas existentes para a impresión en 3D e por último se desenvolveu a parte práctica da formación, que foi a máis entretida e produtiva.