O Alcalde entrega os diplomas do curso de «ALFABETIZACIÓN INFORMÁTICA»

  • Unha formación gratuita que rematou hoxe, dirixida a persoas sen experiencia en informática e incluida nas actividades que organiza o Concello dende a Aula CEMIT.

O Alcalde Luis Piña entregou os diplomas aos 16 alumn@s deste curso de 30h de duración, impartido os luns, mércores e venres dende o 26 de febreiro, en horario de 10h a 13h no aula informática da Casa de Cultura.

A formación impartiuse en 8 unidades nas que se estudiaron conceptos básicos como as diferentes utilidades e elementos do ordenador, o uso do teclado, do rato e do sistema operativo Windows. Tamén coñeceron a estructura lóxica dun ordenador coas unidades de disco, cartafoles e ficheiros e aprenderon a crealos e xestionalos, ademáis de aprender a abrir, utilizar e pechar programas e iniciarse na navegación por internet.

Noraboa a tod@s @s alumn@s e aos formadores.