O Alcalde entrega os diplomas acreditativos do curso de «recepcionista de oficina», rematado este 17 de novembro.

  • Unha formación gratuíta incluída nas actividades que organiza o Concello da Cañiza dentro da súa programación anual do Aula CEMIT

O Alcalde Luis Piña entregou os certificados acreditativos aos 14  alumn@s deste curso programado polo Concello e impartido no aula informática da Casa de Cultura os luns, xoves e venres dende o pasado 27 de outubro, en horario de 16h a 20h.

O curso incluía 6 módulos formativos nos que se tratou sobre a empresa e a área de administración, as tarefas administrativas básicas, as técnicas de comunicación oral e de atención ao público, mecanogradía audiovisual básica e informática e ofimática básica.