- Unha formación gratuita, dirixida a persoas sen experiencia en informática, incluida nas actividades que organiza o Concello da Cañiza dentro da súa programación anual da Aula CEMIT
O Alcalde Luis Piña entregou os certificados acreditativos aos 16 alumn@s deste curso programado polo Concello e impartido os luns, mércores e venres dende o 14 de outubro, en horario de 10h a 13h no aula informática da Casa de Cultura.
O formación impartiuse en 8 unidades nas que se estudiaron conceptos básicos como as diferentes utilidades e elementos do ordenador, o uso do teclado, do rato e do sistema operativo Windows. Tamén coñeceron a estructura lóxica dun ordenador coas unidades de disco, cartafoles e ficheiros e aprenderon a crealos e xestionalos, ademáis de aprender a abrir, utilizar e pechar programas e iniciarse na navegación por internet.
Noraboa a todo o equipo de formadores e felicidades a todo o alumnado.!