O Alcalde entrega os diplomas acreditativos do curso de «Acompañante de Transporte Escolar e Comedor», rematado este 22 de xuño.

  • Unha formación gratuíta de 20h de duración incluída nas actividades que organiza o Concello da Cañiza dentro da súa programación anual da Aula CEMIT

O Alcalde Luis Piña entregou esta tarde os certificados acreditativos  aos 20 alumn@s deste curso gratuíto programado polo Concello da Cañiza  e impartido en 5 xornadas de 16h a 20h no aula informática da Casa de Cultura.

Durante os días 13, 15, 17, 20 e 22 de xuño impartíronse clases presenciais para coñecer o funcionamento dos centros e dos comedores escolares, o papel do monitor de comedor e lecer, aspectos psicolóxicos dos alumnos e habilidades comunicativas e sociais.

Os alumn@s tamén adquiriron coñecementos básicos de dietética e nutrición, tipos de menús e dietas e alerxias e outras enfermidades na infancia.

Ademáis aprenderon a deseñar e planificar actividades de lecer no comedor, primeiros auxilios e prevención de accidentes na infancia e medidas  hixiénico sanitarias para o persoal de comedor.