Luis Piña acompañou esta mañá a Luis Manuel González Piñeiro na presentación do seu novo artigo, publicado baixo o título «Pastoral, derechos parroquiales y el impacto de la revolución liberal. La configuración definitiva de la Feligresía de Santa María de Luneda ( 1821-1862)», editado para a revista de estudos tudenses «Castelum Tide» e que ven a completar os dous primeiros artigos titulados «Santa María de Luneda. historia dunha iglesia Sanjuanista» e «Santa María de Luneda: evolución arquitectónica de una Iglesia Sanjuanista S.XVI-XXI»
Trátase dun novo artigo, en edición libro breve, no que se resume a configuración definitiva desta Feligresía e que recolle o acontecido nos períodos de 1821 a 1862.
O Alcalde comprometeuse a achegar estos exemplares aos centros de ensino da Cañiza. Ademáis entrarán a formar parte dos fondos bibliográficos do Concello.
Este traballo ven a completar o primeiro artigo publicado a finais de 2021, presentado na Alcaldía en febreiro de 2022. Unha obra impresa polo autor en formato libro, que «é o resultado dun traballo de investigación, iniciado o 25 de agosto de 2019, sobre a parroquia de Luneda coa intención de que non quede no esquecemento a moita historia do seu rural e non se perdan os acontecementos da súa memoria popular».
Tamén no Concello e da man do Alcalde o autor presentou en marzo de 2023, a 2ª parte desta obra baixo o título «Santa María de Luneda: evolución arquitectónica de una Iglesia Sanjuanista S.XVI-XXI». Unha achega literaria que segundo Luis M. González nos permite “dar resposta á pregunta ¿de qué ano é a Igrexa de Santa María de Luneda?. Unha resposta que alberga máis de 300 anos de historia, escrita en moitos documentos que recollen a testemuña das diferentes reformas que experimentou”.
Segundo comentou González Piñeiro «todo comezou por mor de querer realizar unha listaxe de todos os curas que atenderon a parroquia de Luneda ao longo da historia, o que se coñece como Presbiterologio Lunedense, desde o ano 1640 en que se empezan a ter datos sobre a parroquia ata hoxe».
Unha investigación que recupera do esquecemento innumerables historias e acontecementos que agora todos poderemos coñecer a través das páxinas destes III artigos.
O Alcalde Luis Piña agradeceu o xesto de Luis M. González de compartir e regalar varios exemplares ao Consistorio e felicitouno por este excelente e documentado traballo de investigación.