O Alcalde, a Directiva do Comercio da Cañiza e de Hípica Celta presentan a 2ª campaña deste Nadal de confianza no comercio local
NESTA OCASIÓN ASOCIADA A ACTIVIDADE DO PARQUE DE ATRACCIÓNS INFANTIL QUE SE INSTALARÁ NA PRAZA MAIOR DA CAÑIZA DURANTE OS DÍAS 28, 29 E 30 DE DECEMBRO
O Alcalde presentou esta mañá esta segunda iniciativa para reactivar o comercio local neste Nadal e que ademáis leva asociado ocio e lecer para os máis pequenos.
Durante os días 28, 29 e 30 de decembro o Concello instalará na Praza Maior un mini parque de atraccións Infantil cunha barca, noria, carrusel e camas elásticas. O prezo de cada atracción é de 3€ por persoa pero a compra en calquera dos establecementos da Cañiza adheridos a este programa, dará dereito a un ticket desconto de 2,00 € que poderase presentar no acceso a cada atracción, costando finalmente 1,00€ por nen@.
O parque de atraccións estará aberto en horario de 11:30 a 14:00h e de 16:00h a 19:30h na Praza Maior. En caso de choiva se suspenderá ata a melloría do tempo nesas datas.
Na mesma liña da campaña «A Confianza de sempre, Agasállate este Nadal», esta iniciativa ofrece tamén pola compra nun establecemento local descontos de 2 euros para as atraccións infantís.
Todo co obxectivo principal de dinamizar e incentivar o pequeno e mediano comercio da Cañiza. Como xa manifestara o Alcalde Luis Piña «unha aposta polo comercio local, polo comercio de sempre, cercano e comprometido».
![]()