O Alcalde da Cañiza asinou esta mañá xunto co Presidente da Deputación o Convenio de Colaboración para a execución do proxecto de humanización da rúa ANTONIO FACORRO

A Cañiza avanza na recuperación do espazo público coa humanización da rúa Antonio Facorro

O Alcalde da Cañiza, Luis Piña, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez, asinaron esta mañá en Pontevedra o Convenio de Colaboración para a execución do proxecto de humanización da rúa Antonio Facorro. O acordo permitirá canalizar un investimento de 700.000 euros, achegados pola Deputación a través do «Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra», para financiar esta actuación estratéxica no centro urbano.

O Alcalde cualificou o convenio como “un paso decisivo para transformar unha das principais vías do núcleo urbano nun espazo máis amable, accesible e pensado para as persoas”. A obra, cun orzamento global de 1.254.366,89 euros (IVE incluído), contará cunha execución por fases, financiada en parte tamén a través do Plan +Provincia. O Concello usará en 2025 a primeira anualidade de 277.183,44 euros e prevé completar a totalidade dos fondos restantes en 2026, o que permitirá realizar a intervención sen custo directo para as arcas municipais.

Ao custo da obra hai que engadir os traballos técnicos de redacción do proxecto, adxudicados en marzo de 2022 á empresa Galaicontrol S.L. por un importe de 44.588,50 euros, financiados ao 90% pola Deputación a través da Rede Ágora. Esta rede provincial aposta pola recuperación do espazo público e unha mobilidade máis sostible, obxectivos cos que A Cañiza está plenamente comprometida.

O proxecto, elaborado  tendo en conta as consideracións de comerciantes e veciños da zona, foi finalizado en decembro de 2022. O Alcalde mantivo múltiples encontros co tecido comercial e coa veciñanza para explicar os detalles da intervención, incluíndo a reordenación do aparcamento. Un total de 31 prazas desaparecerán da rúa Antonio Facorro, pero serán reubicadas nos terreos próximos ao párking das rúas Novas. Ademais, xa se iniciou a negociación para ampliar este espazo de estacionamento.

Así será a nova rúa Antonio Facorro

A intervención abranguerá unha superficie de 4.105 m², nun eixo estratéxico que conecta a Praza Maior co Parque Central. Renovaranse completamente os pavimentos deteriorados da calzada e das beirarrúas, que actualmente provocan filtracións de auga nos baixos comerciais. Instalaranse elementos de accesibilidade, como pavimento táctil e ranurado, e soterrarase o cableado para eliminar os tendidos aéreos.

A actuación incluirá novo mobiliario urbano, iluminación LED e unha ampla dotación de zonas verdes, con plantación de árbores e especies ornamentais. O tráfico quedará restrinxido a un único sentido de circulación, mellorando a seguridade viaria e favorecendo o uso peonil. As rúas adxacentes manterán a súa configuración actual.

O 50% da actuación centrarase na renovación dos servizos soterrados: rede de abastecemento, saneamento, pluviais e infraestruturas de comunicación.

Unha transformación que se integra na filosofía da Rede Ágora

O Concello da Cañiza adheriuse á Rede Ágora o 26 de outubro de 2020 co apoio unánime do Pleno. A rúa Antonio Facorro encaixa á perfección nos principios desta iniciativa, que promove a recuperación do espazo público para a cidadanía.

A actual configuración da rúa está dominada polos vehículos, cun 69% da superficie destinada ao tráfico rodado. Coa nova ordenación, priorizarase o uso peonil e o desfrute do espazo, contribuíndo a revitalizar o centro urbano, mellorar a accesibilidade e poñer en valor o patrimonio arquitectónico.

A Cañiza avanza na recuperación do espazo público coa humanización da rúa Antonio Facorro  O Alcalde da Cañiza, Luis Piña, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez, asinaron esta mañá en Pontevedra o Convenio de Colaboración para a execución do proxecto de humanización da rúa Antonio Facorro. O acordo permitirá canalizar un investimento de 700.000 euros, achegados pola Deputación a través do «Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra», para financiar esta actuación estratéxica no cent