O Alcalde da a benvida ao novo Sarxento que estará ao fronte da Comandancia de Posto da Garda Civil da Cañiza
O pasado luns, 24 de febreiro, o Alcalde mantivo un encontro co novo Sarxento Comandante de Posto da Garda Civil da Cañiza que se incorporou ás súas funcións recentemente, para tratar os principais temas de seguridade relacionados co Municipio.
Nesta visita institucional, tratáronse temas como a coordinación en materia de seguridade cidadá.
O Alcalde Luis Piña ofreceulle ao novo Comandante toda a colaboración da Institución en prol dun interese común. O coidado dos nosos vecinos e veciñas, da nosa contorna e dos nosos bens patrimoniais.
Dende o Concello ponse a disposición da Garda Civil os servizos que ofrece o Consistorio en materia de seguridade para facilitar o seu traballo e garantir a seguridade e o benestar do Municipio.
O Comandante conta con 12 anos de servizo no Corpo da Garda Civil. Neste tempo prestou servizo en diferentes destinos relacionados coa Seguridade Cidadá e nos últimos 7 anos en labores de investigación e policía xudicial. Agora inicia unha nova etapa profesional no Concello da Cañiza.