O Alcalde asina o Decreto de adhesión ao Convenio para loitar contra a vespa asiática velutina

Un Convenio suscrito entre a Vicepresidencia 1º da Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a coordinación de actuacións no desenvolvemento do programa de vixilancia e control fronte a esta especie invasora.

 

O ALCALDE DA CAÑIZA ASINA A ADHESIÓN AO CONVENIO DO PROGRAMA GALEGO DE VIXILANCIA E CONTROL FRONTE Á VESPA ASIÁTICA (VELUTINA)

 

  • Este convenio establece os mecanismos adecuados para asegurar unha maior participación, coordinación de investimentos, actuacións e intercambio de información entre as partes asinantes na loita contra esta especie invasora.

 

  • O programa permitirá, unha vez recibido o aviso comunicado polos afectados a través do  012 e 112,  eliminar ou neutralizar os niños activos de avespa asiática cun tempo de resolución dun máximo de 5 días hábiles.

 

O Alcalde Luis Piña ratificou onte a adhesión do Concello da Cañiza a este Convenio no que participan 300 Concellos de Galicia, co obxectivo de frear e actuar para atallar a problemática xerada polo avance da avespa asiática en Galicia a través do  Programa de vixilancia e control fronte a esta especie. Un Programa que nace xa no ano 2014 co fin de minimizar a incidencia que ao respecto ten a vespa asiática sobre as producións apícolas e sobre a seguridade cidadá.

Este Programa de Vixilancia recolle as actuacións necesarias para a contención e seguimento da Velutina, tendo en conta que este insecto afecta principalmente á produción apícola e tamén ten repercusións sobre a biodiversidade e a seguridade cidadá. Inclúe actividades relacionadas coa detección precoz de niños mediante avisos a través do 012 e 112 e o control e eliminación/neutralización de niños sempre que sexa posible.

 

Ata o ano 2020, as actuacións para a retirada dos niños de Vespa Velutina foron realizadas, dependendo das zonas, polos concellos colaboradores directamente, pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e pola Consellería do Medio Rural.

 

O PASADO 18 DE FEBREIRO DE 2022 XUNTA E FEGAMP VOLVERON A ASINAR ESTE MESMO CONVENIO AO QUE ONTE SE ADHERIU O CONCELLO DA CAÑIZA.

Posteriormente, con data 24 de febreiro de 2020 a Xunta de Galicia e a FEGAMP, co obxecto de redobrar esforzos e centralizar recursos na loita contra o avance desta invasora, asinaron un convenio para establecer a coordinación de actuacións.  Este convenio volveu a ratificarse o pasado 18 de febreiro de 2022 para dar continuidade á execución de forma coordinada do programa galego de vixilancia e ofrecer unha solución homoxénea en tódalas zonas afectadas co obxectivo de acadar una maior eficacia na retirada e neutralización de niños .

 

 

OBRIGAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

Según establece este Convenio a Xunta coordinarase cos concellos nas actuacións de eliminación e retirada de niños de Vespa Velutina. Concretamente realizará as seguintes actuacións:

  1. Potenciar o portal de internet “Eido local” (www.eidolocal.gal) como canle de comunicación cos Concellos para dar información actualizada sobre as actuacións en materia de Vespa Velutina
  2. Ter a disposición dos concellos un sistema de avisos que se canalizarán polas chamadas recibidas polo 012 e informar ás Entidades Locais da xestión de todos os avisos de niños de Vespa Velutina recibidos por esta canle e que teñan relación coa Cañiza.
  3. Revisar e actualizar o estado dos avisos e/ou notificacións de avistamento de niños recibidos e rexistrados a través da aplicación httsp://www.controlvelutina.es/ mediante chamada dos cidadáns ao 012. Informar ao Concello da valoración dos avisos e da organización para a súa retirada.
  4. Eliminar/neutralizar os niños activos de avespa asiática ou realización daquelas outras actuacións que procedan cun tempo de resolución dos avisos dun máximo de 5 días hábiles.

 

OBRIGAS E COMPROMISOS DAS ENTIDADES LOCAIS ADSCRITAS AO CONVENIO

  1. Coordinarse coa Xunta de Galicia nas actuacións de retirada de niños de forma que cando así se precise presten a súa colaboración, levando a cabo por medios propios as actuacións necesarias para simplificar e facilitar os labores de retirada e eliminación de niños.
  2. Impulsar, promover e difundir entre os veciños e o seu persoal a información relativa ao programa de retirada de niños de Vespa Velutina da Xunta de Galicia.
  3. Permitir a coordinación a través do portal de internet “Eido local” (www.eidolocal.gal)

 

OBRIGAS DA FEGAMP

Informar para facilitar a execución do programa

  1. Coordinarse coa Administración da comunidade autónoma de Galicia e co Concello para impulsar, promover e difundir a información relativa ao programa de vixilancia e control da Vespa Velutina.