O Alcalde apela á responsabilidade de todos na xestión dos propios residuos

Ante a aparición e aumento de mobles, sofás, colchóns vellos e electrodomésticos tirados ao carón dos contenedores de lixo sen avisar ao Concello.

 

O SERVIZO MUNICIPAL DE RECOLLIDA DE LIXO ORGÁNICO NON RECOLLE VOLUMINOSOS XA QUE ESTOS RESIDUOS NON PODEN MESTURARSE POLO TANTO A SÚA RECOLLIDA TRAMÍTASE POR OUTRO PROCEDEMENTO.

OS PARTICULARES PODEN LEVAR E DEPOSITAR OS VOLUMINOSOS DIRECTAMENTE NO PUNTO LIMPO OU AVISAR AO CONCELLO PARA QUE O RETIRE, UNHA VEZ AO MES E NA CANTIDADE ESTABLECIDA NO REGULAMENTO ORGÁNICO DE FUNCIONAMENTO DO PUNTO LIMPO.

 

Dende o Concello lémbrase da obriga de toda a veciñanza de facer un uso responsable dos seus restos e residuos e evitar a proliferacion de vertedoiros.

Para evitar a práctica de deixar residuos voluminosos nos contenedores orgánicos, o Alcalde recorda aos veciños que o Concello dispón dun servizo gratuito de recollida de residuos voluminosos polas parroquias activo o último xoves de cada mes. Este servizo está pensado para os particulares que non contan cos medios necesarios para desprazar determinados tipos de residuos, de gran volumen, ata o punto limpo (colchóns, mobles, electrodomésticos e outros residuos de gran tamaño).

O servizo funciona previo aviso do interesado nas oficinas do concello.

O último xoves de cada mes,  durante todo o día, os camións municipais desprázanse ata as parroquias para atender os avisos de recollida. Incluso se o listado de retirada é amplio, os camións do Concello traballan durante os seguintes días para retirar todos os residuos e evitar que os mesmos permanezcan esbotados na rúa durante días.

 

PARA QUE O SERVIZO FUNCIONE CORRECTAMENTE É IMPORTANTE!!

1.* Chamar ao Concello para informar da necesidade de utilizar o servizo. Facilitar dirección e tipo de resto a depositar.  986 651000 - 986 651001. No Concello informaráselles máis detalladamente sobre o servizo.

2.* Deixar os residuos o día anterior á recollida. A RECOLLIDA realizarase o último xoves de cada mes, por tanto os residuos depositaranse o día anterior, é dicir, último mércores de cada mes. Os restos depositaranse no contedor máis próximo tendo coidado de que non moleste nin ao tráfico nin aos veciños.

3.* Os camións non recollerán  radiografías, vernices, aceites, pinturas, podas e restos vexetais, entullos de obra, madeiras, cristais, neumáticos, vidro, papel, cartón e plástico. Estes residuos terán que ser levados directamente polos interesados ás instalacións do Punto Limpo.

 

SO SE PODERÁN DEPOSITAR ESTOS RESIDUOS AO CARÓN DOS CONTENEDORES O DÍA ANTERIOR Á RECOLLIDA: ÚLTIMO MÉRCORES DE MES.

Dende o Concello solicítase a colaboración dos veciños para evitar que estes residuos permanezcan durante semanas á beira dos contenedores, xa que so se recollerán o último xoves de cada mes.

Evitando esta práctica conseguiremos un Concello máis limpo e visualmente máis estético.