A licitación da obra comezará a semana que ven, poidendo adxudicarse á empresa constructora a finais de abril o que permitirá que as pistas estén operativas este verán.
Unha obra que permitirá substituir todo o pavimento deportivo das dúas pistas de tenis, cambiar o vallado de protección perimetral e dotar a esta instalación deportiva de nova iluminación.
Unha actuación cun investimento total de 71.084,03 euros, correspondentes a execución de obra con impostos e honorarios técnicos incluídos.
A reforma está financiada ao 100% seguindo a política do Goberno Local de non ter que aportar fondos propios, na medida do posible, para poder aliviar a tesourería municipal.
O Alcalde Luis Piña asinou este 13 de marzo un Convenio de colaboración coa empresa RED ELÉCTRICA DE ESPAÑA S.A.U para financiar a obra por un importe 51.085,00€.
Para financiar a cantidade restante, o Concello solicitou á Deputación de Pontevedra unha subvención de 19.999,03€, ao abeiro das axudas do Plan Concellos 2023, dentro da Liña 2 de investimentos. Unha axuda que Presidencia acordará na Comisión que a Deputación celebrará este venres.
Segundo manifestou o Alcalde esta mañá, a licitación da obra comezará a semana que ven, poidendo adxudicarse á empresa constructora a finais de abril.
Estes prazos posibilitarán que as novas pistas poidan estar operativas e estrearse no verán.