O Alcalde anuncia unha hora de atraccións sen ruído nas Festas do Xamón
Co obxectivo de que todos os nenos e nenas poidan gozar das festas, incluídos aqueles con hipersensibilidade auditiva ou outros trastornos sensoriais, o Concello organiza unha hora de atraccións silenciosas.
Días: 14 e 15 de agosto
Hora: de 19:00 a 20:00
Lugar: recinto de festas na zona do Regueiro
Durante este tempo, as atraccións e chiringuitos funcionarán sen ruídos, megafonías nin música alta, creando un ambiente tranquilo e libre de estímulos auditivos extremos. Deste xeito, as familias poderán compartir a experiencia das festas sen molestias nin sufrimentos derivados do exceso de decibelios.
O Alcalde destacou que “atender, entender e educar na diversidade é fundamental para unhas festas verdadeiramente inclusivas”.