O Alcalde anuncia que o Concello xa dispón do documento inicial do PLAN ESPECIAL de INFRAESTRUCTURAS e DOTACIÓNS (PEID) das TAPADAS.

Este documento é o primeiro paso na realización do novo vial de conexión co polígono industrial que eliminará o tráfico pesado do centro urbano.

Para mellorar a comunicación co polígono industrial e reducir a presenza de vehículos pesados polas principais vías do casco urbano, a Alcaldía de Luís Piña propuxo a creación  dun novo vial que servirá de circunvalación e facilitará a conexión do polígono coa Autovía A-52,  e da EP 5005 A Cañiza- Crecente coa PO406 A Cañiza – Filgueira. Para poder realizar este vial é necesario modificar o Plan Xeral de Planeamento Municipal (PXOM) aprobado o 27/06/2003.

Esta modificación do PXOM, realízase mediante un Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (PEID) o cal xa se arrancou coa redacción inicial. Contando xa con este documento inicial, se tramitará seguindo os pasos que recolle a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia.

O PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUCTURAS E DOTACIÓNS VALORA O ORZAMENTO EN 894.440,00 €, O QUE REVELA A NECESIDADE DE CONSEGUIR A COLABORACIÓN DA XUNTA DE GALICIA.

Unha vez esté rematado o trámite deste PEID daráselle traslado á Consellería de Infraestruturas para que o estuden, solicitándolles a colaboración para a execución deste vial, como xa lle trasladou o Alcalde Luís Piña á Conselleira Ethel Vázquez na reunión que mantiveran o 20-05-2021.

O documento inicial do PEID implica a actuación  nunha superficie de 7.580 m2, que inclúe vial, beirarrúas e carril bici. O documento estima o orzamento total en 894.440,00 €.

Na tramitación deste documento tívose en conta a ubicación do skatepark  e pumptrack que está en execución nestes momentos, ambas construcións serán perfectamente compatibles e complementarias.

Este proxecto realizouse cunha  visión xeral e de futuro  para o noso municipio.

O Alcalde anuncia que o concello xa dispon do documento inicial do PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUCTURAS E DOTACIÓNS (PEID) das TAPADAS.

 

O Alcalde anuncia que o concello xa dispon do documento inicial do PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUCTURAS E DOTACIÓNS (PEID) das TAPADAS.