O Alcalde anuncia que mañá 15 de decembro, ábrese o prazo para que @s veciñ@s interesad@s poidan solicitar a concesión dun composteiro doméstico para a reciclaxe de residuos orgánicos.

  • O Concello entregará un total de 130 unidades destinadas a vivendas unifamiliares que se outorgarán por estricta orde de chamada e en función da porcentaxe que lle corresponda a cada parroquia.
  • Para solicitar unha unidade tendes que chamar a partires das 10.00h de mañá xoves, 15 de decembro, á  biblioteca municipal ( 986 66 30 69) .
  • Os vosos datos serán recollidos polo persoal da biblioteca e pasarán a unha listaxe .
  • Os 130 veciñ@s seleccionad@s serán convocados para o luns, 19 de decembro, ás 20.30h no Salón de Plenos da Casa Consistorial para manter unha reunión informativa, onde se explicará a montaxe e funcionamento dos composteiros e se fará entrega dos mesmos.

 

A campaña de compostaxe doméstica para promover a reciclaxe de residuos orgánicos no noso Concello #acañizacoidadaesostible conta coa colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e está financiada pola Unión Europea, a través dos fondos -NextGenerationEU-

Ademáis o Concello adheriuse ao Plan Compost Revitaliza da Deputación De Pontevedra a mediados de 2022, para poder optar a outras subvencións que nos están permitindo cumprir coas obrigas establecidas na nova Lei 7/2022 de 8 de abril de Residuos e Solos Contaminados.

O Plan Revitaliza pretende impulsar un modelo de residuos baseado na compostaxe e no tratamento a quilómetro cero dos  biorresiduos municipais. A súa razón de ser é que os concellos da provincia cumpramos os obxectivos fixados na normativa europea, estatal e autonómica en canto a porcentaxes de residuos orgánicos recolleitos e aproveitados.

Podedes ampliar máis información sobre a compostaxe doméstica nestes enlaces.

campaña de compostaxe domestica para promover a reciclaxe de residuos orgánicos no Concello