
- O Concello da Cañiza subvencionou con un total de 14.030,00 €uros ás asociacións culturais e clubes deportivos do Municipio que o solicitaron e que presentaron toda a documentación ao abeiro da ordenanza que regula a concesión de axudas destinadas ao fomento de actividades culturais e deportivas.
- Un total de 13 entidades da Cañiza que segundo manifestou o Alcalde esta maña “son unha parte fundamental do noso entramado social porque a posta en marcha das súas actividades melloran a convivencia, contribúen ao desenvolvemento social e inclusivo de todos os nosos veciños, e no caso dos clubes deportivos, fomentan a práctica de distintas disciplinas, aproveitando o tempo libre e impulsando programas de interese para todos".
- Coas axudas concedidas preténdese tamén intensificar a promoción do Concello por parte dos subvencionados, de xeito que, entre todos, poidamos continuar reforzando a marca Cañiza e todos os nosos activos e potencialidades turísticas e económicas. Un traballo compartido en beneficio de todos.
- Ademáis destas axudas, dende o Concello colaboramos con todas estas entidades para que poidan desenvolver gratuitamente as súas actividades nos centros e instalacións municipais sen pagar ningunha taxa polo uso dos mesmos.
- O Alcalde Luis Piña tamén avanzou que nos vindeiros meses sairán publicadas novamente as axudas correspondentes á anualidade 2023, nos prazos que establece a ordenanza vixente e que dispón que a presentación de solicitudes exténdese dende a publicación no BOP, entre os meses de marzo e abril ata o 30 de xuño.
Nun exercizo de transparencia, o Concello publica as subvencións concedidas ás asociacións culturais e clubes deportivos da Cañiza, abonadas a finais de 2022.
ANPA O CHUSQUIÑO – VALEIXE: 300€
ASOCIACIÓN CULTURAL SANTA CRISTINA DE VALEIXE: 1200€
ASOCIACION CULTURAL ASCULCA: 300€
ASOCIACION DEPORTIVA VALEIXE FS: 250€
ASOCIACIÓN FURAFOLLAS: 500€
ASOCIACION PENSIONISTAS Y JUBILADOS STA. TERESA: 1200€
ASOCIACIÓN REVIRAVOLTAS: 500€
ASOCIACIÓN SOBRE RODAS: 500€
CLUB DE FUTBOL CAÑIZA: 5000€
CORAL POLIFÓNICA DE A CAÑIZA: 2880€
GRUPETTA PAN DE ZARKO: 500€
MOTOCLUB TUMBADA ÁS 4: 400€
SOCIEDADE DE CAZA A CAÑIZA: 500€