O Alcalde anuncia a aprobación do 2º convenio de colaboración co Clube Balonmán Cañiza por un importe de 20.000,00€ para financiar as actividades de 2023.

  • O Concello aprobará este acordo no Pleno que se celebrará hoxe, 26 de xaneiro, ás 20.00h.
  • Como xa manifestara o Alcalde con motivo da aprobación e sinatura do 1º Convenio o pasado abril, Luis Piña volve a ponderar o esforzo e a constancia deste clube veterano e a súa extraordinaria labor en prol da educación deportiva d@s nen@s e moz@s da Cañiza.
  • Un clube que para todos os cañicenses é motivo de orgullo polo alto nivel de competición dos equipos e que para A Cañiza  aporta un plus promocional pola  difusión que fan da marca Cañiza. 
  • Ademáis da aprobación deste 2º convenio, nestes tres anos e medio o Concello mellorou as condicións do pavillón deportivo “Carballo do Marco”, centro base do clube, investindo máis de 163.763.70€ en reformas e equipacións.

 

No Pleno extraordinario que se celebrará hoxe, ás 20.00h, aprobarase por 2º ano, a sinatura do Convenio co Balonmán Cañiza polo que o Concello continuará apoiando ao Clube cunha aportación económica de 20.000€ para 2023, dos que unha parte proceden de recursos propios e outra porcentaxe de aportacións  privadas. Ademáis de poder disfrutar gratuitamente do pavillón deportivo Carballo do Marco e explotar para o seu propio beneficio os servizos desta instalación sin ter que pagar ningunha taxa municipal.

En palabras do Alcalde Luis Piña “a financiación por parte do Concello ao CBC está máis que xustificada, atendendo  á importante labor que o clube ven desenvolvendo en prol dos nenos e nenas e xoves da Cañiza”.

Ademáis, durante todo este mandato, o Concello apostou fortemente polo Clube Balonmán no tocante aos investimentos en infraestruturas. Un total de 163.763,7€ en obras de reforma e mellora do pavillón “Carballo do Marco”, que é o seu centro de adestramento.

50.000€ destinados a mellora da cuberta e eliminación de humidades, 40.000€ para a reforma íntegra dun ala dos vestiarios e aseos, 25.000€ para a adquisición do videomarcador e 48.763,70€ para a II fase da reforma da outra ala dos vestiarios que actualmente está en execución.  Tamén neste mandato se consegiu poñer en funcionamento o sistema calefactor.

Luis Piña recordou tamén que tanto o CBC como outros clubes subvencionados, disfrutan ademáis doutros beneficios como é o poder instalar e explotar establecementos nos festexos locais para obter ganancias coas que sufragar as tempadas deportivas, sen ter que aboar ningún tipo de taxa municipal, o que lles reporta unha grande vantaxe fronte a outros locais.

¡Un esforzo de colaboración, en beneficio de toda a comunidade deportiva!.