O Alcalde anuncia a apertura da convocatoria de subvencións do Concello dirixidas a clubes deportivos e asociacións culturais da Cañiza

DESTINADAS AO FOMENTO DAS ACTIVIDADES  CULTURAIS E DEPORTIVAS DURANTE 2022

O prazo para a presentación de solicitudes está aberto dende o pasado 12 de maio, tras a publicación no BOPPO número 90 do correspondente anuncio e remata o vindeiro 30 de xuño.

Para poder ser beneficiario destas subvencións, as entidades teñen necesariamente que cumprir cos requisitos recollidos nas ordenanzas municipais e a Lei de subvencións.

Neste caso os beneficiarios son as asociacións  culturais ou clubes deportivos que teñan por obxecto o fomento e a promoción de actividades dentro destos ámbitos para o ano 2022.

Ademáis de estar inscritos no Rexistro provincial correspondente, as entidades deben presentar memoria de actividades, orzamentos, acreditación da financiación, non ter ningún expediente sancionador aberto que lles impida poder acceder a este tipo de subvencións, presentar facturas, así como todos os documentos que acrediten a súa titularidade.