O Alcalde agradece ao Clube Balonmán Cañiza a doazón de alimentos para o Almacén Solidario Municipal

O pasado 17 de decembro, á iniciativa do Clube de Balonmán Cañiza, realizouse unha recollida de alimentos non perecedeiros durante o partido entre o Cañiza e o Bueu. 

Esta iniciativa solidaria destinouse ao Almacen Solidario de Alimentos Municipal. 

Unha vez máis,  dende a Alcaldía  agradécese, en nome dos cañicenses, ao Clube Balonmán Cañiza pola iniciativa e aos siareiros e siareiras do balonmán pola súa xenerosa contribución ao Banco de Alimentos do noso Concello.