Nova Xornada dos “Almorzos Saudables” co Alumnado do CEIP de Valeixe
Este luns tivo lugar unha nova xornada dos Almorzos Saudables co alumnado do CEIP de Valeixe, unha actividade incluída no programa da Unidade de Prevención de Drogodependencias e Outras Condutas Aditivas 2025, en marcha dende xaneiro de 2023, segundo destacou o Alcalde, Luis Piña.
Este programa está xestionado dende o Concello da Cañiza e enmárcase no servizo de prestación agrupada e xestión compartida cos concellos de Arbo, Crecente e Melón.
As actividades deron comezo o pasado venres no CPI da Cañiza, coincidindo cos últimos días do curso escolar 2024-2025, e teñen como obxectivo principal promover hábitos de vida saudables a través dunha alimentación equilibrada. Os almorzos están baseados no consumo de froitas, cereais e lácteos, fomentando a importancia dun almorzo completo como unha das comidas fundamentais do día.
Esta iniciativa tamén busca concienciar sobre a prevención de condutas aditivas, actuando dende idades temperás e poñendo especial foco na poboación adolescente.
O Alcalde Luis Piña agradeceu a colaboración da ANPA de Valeixe e do profesorado e dirección do CEIP, destacando o seu traballo que fixo posible que a xornada resultara exitosa.