Nova colaboración do Concello co alumnado do IES EFA A Cancela das Neves

Dentro do Convenio asinado en febreiro entre o Concello e o Centro Educativo en materia de formación.

O Alcalde asinou esta mañá unha nova estadía na Escola Infantil Municipal da Cañiza do alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES EFA A Cancela.

Segundo informou a profesora titular Aida Domínguez ao Alcalde Luis Piña, a nova estadía formalizarase do 9 ao 13 de maio.  Nestes 5 días a alumna poderá observar toda a teoría aprendida no aula, nesta ocasión sobre a psicomotricidade, para plasmala nun traballo que deberá expoñer oralmente.

Este Convenio de estadías permite aos alumnos coñecer a realidade das aulas, os espazos e os obradoiros levados a cabo polo personal municipal como parte do proxecto Aula-Empresa que levan a cabo no IES das Neves.