NOTA INFORMATIVA: No día de onte produciuse un corte na subministración de auga de consumo que deixou sen servizo á veciñanza do casco urbano

Esta incidencia na rede de abastecemento foi causada por un erro de coordinación interna, que xa foi solventada, adoptándose as medidas pertinentes co obxectivo de que os veciños non volvan a sufrir os inconvenientes de quedar sen subministración de auga, sen ser avisados coa debida antelación  (a excepción de averías de emerxencia imprevisibles).

Debido a esta situación, o Concello adopta as seguintes medidas:

Primeiro: en adiante e para evitar situacións similares, o Concello avisará coa debida antelación das obras que estén previstas desenvolverse na rede de auga potable (e que supoñan un corte no servizo). Cortes que se planificarán dentro dos horarios menos prexudiciais para a veciñanza.

Segundo: no caso de averías extraordinarias (roturas, obstruccións, atoamentos, etc.) producidas na rede de abastecemento, as cales non se poden planificar, o Concello avisará de inmediato, no momento en que teñamos coñecemento da mesma, informando da previsión da restitución do servizo.

Pedimos disculpas polas molestias ocasionadas.