No Pleno Ordinario celebrado este xoves 30 de marzo acordouse aprobar a sinatura dun convenio coa Zona Franca de Vigo para a construcción dun novo área industrial e a adquisición da casa e terreos da Cámara da Irmandade de Valeixe

Ademáis aprobouse por unanimidade a ordenanza de corta de madeira e a sinatura do convenio coa Deputación de Pontevedra para a instalación de xeotermia na Casa do Concello.

Convenio de colaboración coa Zona Franca de Vigo para o desenvolvemento industrial

Na sesión Plenaria celebrada ás 20h deste 30 de marzo, acordouse por unanimidade de toda a Corporación a sinatura dun Convenio de colaboración coa Zona Franca de Vigo para a promoción e implantación por parte do Consorcio, dun novo ámbito de desenvolvemento industrial que posibilite a creación dun novo parque empresarial en terreos  da zona do Vieiro. A sinatura deste convenio leva implícito para o Concello o compromiso de modificar o Plan Xeral de Ordenación Municipal da Cañiza, nestes terreos, cambiando a calificación actual de chan rústico de protección forestal a chan industrial.

 

Adquisición do edificio e terreos da Casa da Irmandade de Valeixe

Outro asunto da convocatoria foi a aprobación, tamén por unanimidade, da compra por parte do Concello da Casa da Irmandade da Miñoteira, na parroquia de Valeixe e os terreos anexos, ata o de agora propiedade da Xunta de Galicia. Uns bens valorados pola Consellería de Facenda e  Administración Pública da Xunta en 59.331,40 €. Cantidade que o Concello terá que abonar en 10 anualidades.

Nova ordenanza para a tala de madeira

Tamén se acordou aprobar a nova ordenanza de corta de madeira que ten por obxecto regular a actividade forestal extractiva de corta e saca de madeira a leña dentro do municipio co fin de conservar e protexer a infraestrutura viaria pública municipal.  A ordenanza regula a actividade extractiva de madeira non considerada de autoconsumo, establecendo o procedemento de autorización, as obrigas e prohibicións para as persoas responsables, o depósito de garantías que cubran os posibles danos así como a tipificación das infraccións e sancións a aplicar.

Convenio coa Deputación para a dotación de Xeotermia na Casa Consistorial

A Sesión rematou acordando a sinatura coa Deputación de Pontevedra dun Convenio de colaboración de 211.940,12€ para a substitución da caldeira de gasoil da Casa do Concello por sistema de xeotermia e cambio de todos os radiadores do Edificio. Esta actuación ten un investimento total de 227.892,61€ e está financiado ao 85% polo IDAE con 193.708,71€, pola Deputación de Pontevedra con 18.231,41€, que supón o 8% do total, tendo que aportar o  Concello o 7% restante que ascende a 15.952,49€.  Coa sinatura deste Convenio a Deputación tamén se compromete a  tramitar directamente a subvención do IDAE, ao abeiro do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (Programa DUS 5000).